O sábado na participación no campionato de España Master de medio maratón lográbanse 3 subcampeonatos de España, 2 deles en mulleres: K2 F 45/49 Celsa e Ángeles e K2 F 40/44 Rosana e Conchi, mentres que en homes en K2 M 55/59 eran Delfín e Antonio .
Asi mesmo en K1 M 45/49 Jorge era 16º, C1 M 50/54 Jose 4º e K2 M 55/59 Rafa e Fer 4º
Ao final 8º posto por Clubs que deixa un sabor agridoce xa que temos potencial máis que suficiente para disputar o podio
E o domingo en colaboración con + Deporte do Diario La Rexión unha xornada en Barbantes , tremendamente gratificante, dando a coñecer o noso deporte