O sábado 9 de outubro fixemos un curso de reparación de piragüas. O curso foi dirixido por Juan Ramón de ArousaFiber e palista do clube de Cambados. Un curso moi práctico onde todos os participantes aprendemos as tarefas básicas de reparación: lixamos coa radial e a orbital, fixemos mesturas con resina/catalizador, aprendemos a diferenciar distintos tipos de fibra… unha xornada moi ben aproveitada. Moitas grazas Ramón! Este curso foi subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do programa #IniciativaXove onde se mestura deporte e tecnoloxía. Aquí algunhas fotos: